|
E o avó volveu das américas ao seu lugar, ao esteiro do río, despois de ver mundo e construír barcos: os últimos barcos de vapor que se construirían nos anos corenta.
Nesa época no antigo varadoiro do Río Covés o noso avó botaba o último vapor que sairía de alí, o "Dos Amigos".
 Anos máis tarde sobre os mesmos piares erguería unha casa que durante cincuenta anos foi estanco, cantina, e almacén de sal.
Hoxe recuperamos a vella casa e convidámosvos a compartir mesa cun pouco de historia da nosa terra, cunha coidadosa cociña de produtos tradicionais galegos e unha selección de recoñecidos viños. |