| Segundo a tradición a receita foi traída de Italia hai 300 anos polos monxes agostiños.
A costrada é quizais o produto máis representativo de Pontedeume e consiste en varias capas dunha masa especial entre as que se intercalan varias capas de carnes, pescados e mariscos, logrando así unha sorte de empanada de varios pisos. Na Cantina Río Covés sentímonos especialmente orgullosos de ter recuperado da memoria familiar unha receita con tanto sabor como esta.
Os grelos de Monfero que se usan no caldo galego forman parte da cociña tradicional da comarca. Esta verdura pódese atopar como acompañamiento en varios pratos coma o polbo con grelos ou o lacón con grelos.
A hora dos sobremesas é difícil de esquecer grazas, entre outras exquisiteces que realiza Chucha, o requeixo que se elabora nesta zona desde vello e ten as súas orixes nos gandeiros, que transmitiron, de xeración en generarión a técnica para fabricar este derivado lácteo. |