|
A cantina esta enclavada ó final dunha pequena enseada interior no lugar de Esteiro -antigamente chamado aestuarium-.
Nela danse cita o río Covés co seu irmán maior o Eume. O comedor exterior que se asoma a este lugar é un remanso de tranquilidade. Alí pódese observar un Teixo de máis de 400 anos. A árbore pola súa lonxevidade e polo orixinal da súa copa -cunha construción interior que permite subir ao interior- foi merecedora de numerosas visitas, especialmente no século XIX por parte da clase política e artística: Salmerónn, Cánovas, Condesa Pardo Bazán, Mella, Echegaray, ou Emilio Castelar. Referíndose a iso non falta quen afirma con sorna, que aos políticos sempre lles gustou "andar polas ramas".
Pero falar de árbores en Pontedeume é falar das Fragas , un espacio natural inigualable, un pulmón verde que respira con forza. A súa abrupta morfoloxía, de vales profundos, posibilitou a súa conservación como a máis importante reliquia de bosque natural das terras baixas ribereñas da fachada atlántica europea. A riqueza florística concrétase en varias especies de fieitos de excepcional valor pola súa antigüidade, datada da era Terciaria. |