| A gastronomía tradicional do Eume que tratamos de reflectir na nosa cociña estivo simpre moi influenciada pola excelente situación xeográfica da comarca: ríos e montañas e rías.
Como diría Xurxo Souto: " Trátase dun periplo poderoso e fraternal polo mellor do Mar. Unha viaxe por veces insólita, e mística case sempre cara ou peirao do Muro "
Non obstante, aquí sempre concedemos un especial protagonismo aos produtos do mar que son obtidos cunha frescura e calidade inigualable. Esa mesma riqueza nos permite ofrecerlle pescados que habitualmente non se atópan no mercado, como o San Martiño, a solla, e a robaliza salvaxe que acompañamos con arróz.
As sardiñas, outro clásico da gastronomía popular do país, ocupa un lugar preferente na carta e elabóranse seguindo as receitas antigas: parrochas do fume -sardiñas abertas e afumadas con madeiras recendentes- e sardiñas lañadas -sardinas abertas, secadas ao sol e pasadas pola prancha-.
|